Pódese aplicar a #EconomíaCircular á industria automatizada?

economia-circular

Pódese aplicar a #EconomíaCircular á industria automatizada?

Na contorna actual, na que a industria está sometida a unha gran presión debido á competencia cada vez máis esixente, é necesario que as empresas avancen cara un modelo de organización industrial na que se aproveite ao máximo a eficiencia e a produtividade, incluíndo as novas tecnoloxías como un factor clave de transformación.

Pero, ao mesmo tempo, tamén debemos ter en conta o concepto de economía circular, a cal ten como principal obxectivo, manter o valor dos recursos, materiais e produtos durante o maior tempo posible no ciclo económico e reducir ao mínimo a xeración de residuos.

Moitas empresas se preguntarán se a economía circular se pode aplicar á industria automatizada, pregunta que debemos responder afirmativamente e a clave estará nos tres seguintes piares:

  • Implantación da economía funcional: promove o uso dos produtos, fundamentándose na idea de que o valor dun produto reside nos beneficios que se obteñen coa súa utilización, e non coa súa venta e posesión. Trátase dun cambio de tendencia de consumo privado cara ao colectivo, priorizar servizos coma o renting ou o outsoucingNeste contexto, outro aspecto a destacar é a reutilización de pezas de produtos que son obsoletos, para evitar volver a producir. A idea é que as empresas teñan un maior interese por desenvolver e empregar activos máis fiables, reparables e fáciles de manter.Ademais, este tipo de economía busca optimizar o volume de stock e os residuos nas industrias, por elo, outra das estratexias será a de producir baixo demanda, é dicir, non producir ata que  a clientela solicite o produto.
  • Reciclaxe e reutilización de produtos e residuos: o emprego de materiais respectuosos co medio ambiente permite a reciclaxe de produtos vellos ademais de residuos para transformalos en materia prima. Neste ámbito o emprego da simulación industrial, permite crear a simulación do comportamento dos produtos manufacturados e os procesos industrial ademais de probar as funcións e sacar o máximo proveito reducindo custos, sen necesidade de xerar prototipos.
  • Optimización das fontes de enerxía: é importante tamén implantar a chamada ecoloxía industrial. Trátase dunha maneira de organización na que se optimiza a xestión de stock, servizos e fluxos de materiais, o que permitirá aforrar custos, enerxía e residuos.

 

En conclusión, xa se sabe desde fai tempo que unha economía de crecemento lineal é imposible durante moito tempo debido aos altos custos. Por iso, a Industria 4.0 debe adoptar un sistema de economía circular para evitar a perda de valor do produtos. Para elo as empresas deben introducir estratexias baseadas no mantemento, é dicir, baseada na idea de que os obxectos duran máis se se lle da un coidado especial en lugar de deixalos funcionar ata a súa rotura.

Fontes: https://bit.ly/2NA4SxThttps://bit.ly/2YBOez8https://bit.ly/2CQd4UE