Que pode facer a gamificación pola nosa empresa?

gamificacion

Que pode facer a gamificación pola nosa empresa?

A gamificación consiste no emprego de técnicas baseadas na creación de xogos ou retos, coa finalidade de potenciar a motivación e reforzar unha conduta en diferentes contornas.

Dentro do mundo empresarial, esta estratexia pódese enfocar de dúas formas diferentes. Unha delas é cara ao persoal, pois a través do emprego desta técnica, podemos motivalo para mellorar no traballo e fomentar a súa competitividade por medio do cumprimento de retos empresariais coma se fosen un xogo. A continuación expoñemos os principais beneficios:

  • Aumento da produtividade: mediante un sistema de recompensas que permita obter premios e recoñecementos, o persoal estará máis motivado na realización do seu traballo e, polo tanto, aumentará a produtividade.
  • Mellora da comunicación interna: as mecánicas do xogo fomentan o intercambio de coñecemento e información entre o persoal, o que mellora a súa capacidade de traballo en equipo e permite unha comunicación interna mais fluída, e supón, así mesmo, un impulso para a comunicación corporativa.
  • Mellora da aprendizaxe: a gamificación empresarial é unha ferramenta útil para mellorar os coñecementos do persoal. A introdución de mecanismos recreativos na aprendizaxe favorece a capacidade de retención da información.

Un exemplo disto atopámolo na gamificación da formación. Mentres que os traballadores realizar cursos en liña os empregados poden superar xogos relacionados con coñecementos importantes durante e despois da formación. Estes xogos poden ser cuestionarios de preguntas e respostas outros ben xogos onde deba superar retos e aventuras. Desta maneira a formación se asimila de maneira máis rápida.

Pero as vantaxes non só se producen dentro da empresa. Como adiantamos, existe outra forma de enfocar a gamificación, mediante a súa incorporación á estratexia de marketing. O principal obxectivo é xerar unha maior simpatía e compromiso dos usuarios coa marca. Isto derivará na conversión e a fidelización da clientela, así como a redución dos tempos na adquisición dos produtos e servizos. Neste ámbito, expoñemos cales son as principais vantaxes de dirixir esta estratexia á clientela:

  • Maior interacción do usuario coa marca: conseguir que os usuarios interactúen continuamente é un dos principais obxectivos das empresas para aumentar a fidelización da clientel; é o que se coñece como engagement. Isto conséguese a través dunha estratexia de gamificación na que, a través do xogo, o usuario se pode involucrar na empresa de tal forma que se sinta parte dela.
  • Mellor posicionamento web: o emprego desta técnica busca aumentar a interacción co usuario, polo que a estratexia estará orientada a que entren na web ou nas redes sociais da empresa e participen nelas. Polo tanto, o número de visitas na páxina e nas canles dixitais aumentará.
  • Reforzo da imaxe da empresa: outro dos beneficios é que permite reforzar a mensaxe que se quere transmitir, creando unha maior imaxe da marca no usuario.
  • Mellor comunicación: ao crear un vínculo co usuario pódese conseguir unha mellora na comunicación bidireccional.

Un exemplo dunha estratexia de gamificación aplicada ao marketing sería o emprego de xogos na páxina web que permitise aos usuarios conseguir descontos, premios especiais ou acumulación de puntos para próximas compras.

Ademais, o emprego de aplicacións na web, que permitan coñecer os gustos persoais ou as características do usuario coa finalidade de ofrecerlle un produto personalizado, tamén sería un exemplo de aplicación deste tipo de estratexias.

En conclusión, a gamificación é unha estratexia innovadora que permite obter resultados empresariais moi positivos. É unha aposta segura para o crecemento das empresas, o persoal e a clientela, pois a nivel xeral os beneficios comúns supoñen maior motivación, aprendizaxe e satisfacción.