COMO ELABORAR UNHA ESTRATEXIA DE BIG DATA?

big-data-3445683_640

COMO ELABORAR UNHA ESTRATEXIA DE BIG DATA?

O big data é unha das tecnoloxías indispensables para o desenvolvemento da empresa así coma do desenrolo do proceso de dixitalización. Pois consiste na recompilación e tratamento dunha gran cantidade de datos e información importante, a través dos cales as empresas poden tomar decisións estratéxicas para o seu beneficio.

Pero para que o big data se converta nunha estratexia de negocio exitosa e poida aumentar a vantaxe competitiva das empresas, ofrecendo novas oportunidades de negocio, ésta debe centrarse nunha serie de claves que che expoñemos a continuación:

  • Identificar as necesidades do negocio: o primero paso para elaborar unha boa estratexia de big data será a de identificar os problemas que desexes solventar e definir os obxectivos da empresa.
  • Obter a capacitación tecnolóxica: non todas as empresas teñen as tecnoloxías ao día, adaptadas ao novos cambios, por iso, é necesario que habiliten plataformas tecnolóxicas capaces de obter a información sen límites de volume e tempo.
  • Definir as políticas coas que se traballará: hai que ter en conta que se vai a manexar información de terceiros e outras cuestións do negocio, polo que é importarte determinar as medidas de privacidade e de seguridade que se empregarán para o tratamento dos datos. Ademais, tamén será necesario establecer medidas que permitan diferenciar aquelas que sirvan para mellorar o negocio e cales non.
  • Cuantificar os resultados: outra das claves será a de cuantificar en que medida o uso da información impacta na conta de resultados e que porcentaxe do negocio se beneficiou da aplicación da información dos datos, converténdose noutro indicador de negocio .
  • Analizar os datos a diario: coñecer e analizar os datos obtidos polas persoas es as transaccións da empresa é unha tarefa que debe estar ao día polos traballadores das compañías, pois a partir da información é posible identificar como mellorar as funcións, os procesos así coma a toda de decisións a través da utilización dos datos.

En definitiva, o fundamental para elaborar unha boa estratexia de big data será contar coa tecnoloxía necesaria, definir a  estratexia de análise de datos segundo os obxectivos marcados e por último e o máis importante, que a empresa xestione o cambio a través dos seus empregado.

Estas serán as claves para que as empresas optimicen os seus procesos e modelos de negocio, reinventando as compañías e xerando novas fontes de ingresos.