O paso da empresa Siente Galicia polo programa Re-acciona TIC: Entrevista a Keina González, Socia co-fundadora

reacciona-tic

O paso da empresa Siente Galicia polo programa Re-acciona TIC: Entrevista a Keina González, Socia co-fundadora

SienteGalicia.com é unha web de reservas en liña de venda de escapadas, vacacións e experiencias de ocio, especializada na comunidade galega. Ofrece múltiples alternativas para gozar do lecer e do tempo libre, organizadas por temáticas (gastronómicas, rurais, termais, hoteis con encanto etc.).

Cada proposta complétase cunha información integrada da zona, coa posibilidade engadida de que cada persoa usuaria encontre experiencias doutras ou achegue as súas propias.

Entrevistamos a Keina González, socia co-fundadora de Siente Galicia, para que nos achegue a súa experiencia no programa Re-acciona TIC, concretamente, co servizo de aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión.

1.Por que xorde a necesidade de participar no programa Re-acciona TIC ?

Necesitábamos apoio tecnolóxico para ser máis áxiles en todos os nosos procesos internos e para evolucionar dunha maneira moito máis óptima. Éramos conscientes das nosas limitacións por non dispoñer dun sistema integral, o cal convertía todos os procesos anteriores en tarefas pesadas e demasiado laboriosas, e restaba tempo para os asuntos importantes da empresa.

2.Como se desenvolveu o servizo solicitado?

A solución que adaptamos xunto co axente colaborador foi un software na nube que actúa como unha ferramenta de mercadotecnia relacional, isto é, un sistema que almacena información da nosa clientela. A ferramenta centraliza os nosos procesos de vendas, marketing, servizos e xestión, e personaliza diversas partes para que se adapte o mellor posible á realidade da empresa.

3.Que supuxo para a empresa o programa Re-acciona TIC?

Grazas á participación no programa, conseguimos unha gran mellora na xestión diaria así como organizativa e de control da información, e facilitounos o coñecemento e a relación coa clientela.

Tamén perfilamos e levamos a cabo unha solución tecnolóxica para realizar, dunha maneira máis produtiva, procesos de xestión diaria (CRM e ERP), xa que, sen o uso destas ferramentas, os procesos das organizacións perfílanse máis complexos, ademais de que o control da información non sería adecuada.

En definitiva, logramos desenvolver unha mellora tecnolóxica dos sistemas e procesos que tiñamos, o cal nos permitiu centralizar toda a información de clientes, vendas e provedores. Deste xeito, e grazas ao programa, contamos cun sistema polivalente e personalizado á vez, con gran capacidade de segmentación e análise da información da empresa, e con datos económicos e administrativos integrados.

Podes ver a entrevista completa na nosa canle en Youtube na seguinte ligazón.