Cales serán os perfís dixitais que precisarán as empresas?

workplace-1245776_640

Cales serán os perfís dixitais que precisarán as empresas?

Para moitos, a utilización das novas tecnoloxías e a automatización dos procesos supoñerá a destrución de gran parte dos empregos actuais. Pero, en realidade, a transformación dixital introducirá cambios no mercado laboral, pois xeraranse novos empregos para satisfacer as necesidades e os novos retos dixitais.

Algúns dos principais perfís profesionais que serán máis demandados no futuro son os seguintes:

  • Especialista en ciberseguridade: cada vez son máis as empresas que desenvolven a súa actividade a través dos datos, polo que é importante que definan unha estratexia de ciberseguridade que permita protexer toda a información de posibles ameazas e filtracións. Por este motivo, é fundamental na era tecnolóxica contar cun profesional que garanta o hardware, o software e as redes da empresa seguras.
  • Chief Data Officer e analista de datos: a recompilación de grandes cantidades de datos sobre a clientela para identificar novas oportunidades de negocio trae como consecuencia a necesidade dun profesional que leve a cabo unha metodoloxía capaz de xestionalos. É importante que, ademais de almacenar os datos da clientela, as empresas poidan convertelos nunha vantaxe competitiva. Por iso, esta será unha das profesións máis demandadas.
  • Especialista en aplicación de intelixencia artificial: o emprego das tecnoloxía está a cambiar a forma de interactuar coas persoas e, en concreto, o uso da IA ofrece novas formas de contactar cos consumidores. Para aproveitar todas as vantaxes que ofrece esta tecnoloxía, as empresas deberán contar cun especialista que saiba e analice as funcións que mellor se adapten á marca en cuestión.
  • Especialista en experiencia do usuario (UX Design): na actualidade, as persoas consumidoras consideran a experiencia como un factor clave á hora de realizar unha compra. Pero para as empresas isto non é unha prioridade. Por iso, os especialistas en UX Design supoñen un elemento clave para mellorar a interacción da marca coa clientela. Estes profesionais serán capaces de elaborar produtos e servizos segundo as necesidades dos consumidores.
  • Estrategas de posicionamento ou growth hacker: estes profesionais dedícanse a elaborar estratexias creativas para posicionar un produto ou servizo a través do emprego das redes sociais.
  • Scrum master: a principal función deste perfil profesional é asesorar o equipo de traballo para aumentar o seu rendemento e conseguir que un proxecto se desenvolva con axilidade ata a súa finalización.

Agora que xa coñeces cales serán os perfís dixitais máis demandados na revolución dixital, sabes cal deles necesitará a túa empresa?

En xeral, os empregos con maior demanda serán os que aposten pola formación continua, que permita adaptar o persoal aos retos da era dixital.

Fontes: https://bit.ly/2SyAR3zhttps://bit.ly/2ErdrFchttps://bit.ly/2V19NHc