O dixital twin, a tecnoloxía das pemes

binary-2175285_640

O dixital twin, a tecnoloxía das pemes

O digital twin ou xemelgo dixital é a simulación virtual de procesos, produtos e servizos baseado  nos datos proporcionados polos sensores. É a unión do mundo físico e o virtual, que permite a análise dos datos intelixentes para crear un modelo virtual exactamente igual ao modelo físico.

Preséntase como una das tecnoloxías disruptivas máis idóneas para as pemes polas súas numerosas vantaxes, ademais da súa adaptabilidade a cada empresa en particular. A continuación mostrámosche os beneficios de integrar o digital twin na túa estratexia de transformación dixital:

  • Monitorización: un dos beneficios desta tecnoloxía é que permite analizar o estado no que se atopa a planta da peme en calquera momento. Grazas á sensorización da maquinaria, é posible previr erros e accidentes, adiantándonos a problemas futuros, así como previr tempos de inactividade. Ademais, dará a opción de transformar as actividades do negocio a longo prazo.
  • Elaboración de prototipos: os xemelgos dixitais axudan a elaborar prototipos das ferramentas antes de crealas, moito más exactos e rigorosos para que o produto final sexa practicamente perfecto. Grazas a isto, tamén se poderá personalizar a produción a medida dos requirimento da clientela.
  • Realización de probas: en conexión co anterior punto, esta tecnoloxía tamén permite realizar probas sen necesidade de poñer en risco o dispositivo real. Isto ten como consecuencia unha redución dos custos, ademais de evitar a perda de materiais dificilmente substituíbles.
  • Optimización de procesos: as empresas que empregan o digital twin optimizan os procesos a través dos datos intelixentes. Obteñen información real sobre como se comportan os seus activos. Desta maneira, os procesos melloran de forma continua partindo das necesidades reais de cada planta.
  • Potenciación da sustentabilidade: diminúe o impacto medioambiental dos procesos ao controlar o parámetros de produción para reducir a emisión de gases contaminantes.

En resumo, as pemes que aposten pola simulación industrial a través dos xemelgos dixitais poderán aumentar a súa vantaxe competitiva, mellorando o seus procesos produtivos, reducindo custos e converténdose nunha peme máis eficiente. Por todo isto, segues dubidando se debes empregar esta tecnoloxía na túa estratexia de dixitalización?

Fontes: https://bit.ly/2FxZ17nhttps://bit.ly/2MhBOHfhttps://bit.ly/2W2QJcz