O paso da empresa de Biostatech polo programa Reacciona: entrevista a Vicente Lustres, director xerente

dy0ywd_u8aavr00

O paso da empresa de Biostatech polo programa Reacciona: entrevista a Vicente Lustres, director xerente

Biostatech é unha empresa galega de bioestatística e estatística ampliada, constituída no ano 2012. Trátase da primeira spin-off neste campo de España en ser cualificada como Empresa de Base Tecnolóxica (EBT). A súa actividade principal é o asesoramento estatístico avanzado a empresas e persoal investigador e, de forma puntual, actividades de formación baixo demanda.

Entrevistamos a Vicente Lustres, director xerente de Biostatech, para que nos fale da súa experiencia no programa Re-acciona, concretamente, co servizo de Relanzamento comercial.

1.Por que xorde a necesidade de participar no programa Re-acciona?

Unha das debilidades, común por outra parte á maioría das empresas que xorden no eido universitario, era o ámbito comercial. Isto débese a que a maior parte destas spin-offs están integradas por persoal altamente cualificado no campo técnico e científico, pero con falta de experiencia noutros ámbitos como a xestión empresarial e, moi especialmente, no desenvolvemento do labor comercial. Dous foron os motivos principais para solicitar o servizo de relanzamento comercial: por un lado, corrixir puntos débiles nesta área e, por outro, xerar novas estratexias comerciais co apoio dunha persoa experta.

2. Como se desenvolveu o servizo solicitado?

O servizo constou fundamentalmente dunha formación no desenvolvemento do labor comercial, tanto pre-venda, coa preparación de visitas, como prácticas de comunicación coa clientela.

3. Que supuxo para a empresa o programa Re-acciona?

A formación e o acompañamento recibido polo axente colaborador permitiunos incrementar o noso número de clientes que, á súa vez, se reflectiu nun aumento no nivel de facturación. Tamén significou dar un paso adiante en adecuar os orzamentos e establecer novas estratexias comerciais.

Isto último traduciuse na apertura dunha nova liña enfocada á empresa, que implica achegar solución estatísticas a problemas reais diferentes do ámbito investigador, principalmente os seguintes: mellora de procesos produtivos, recursos humanos, segmentación produto-cliente ou modelos preditivos de demandas e vendas.

Podes ver a entrevista completa na nosa canle en Youtube na seguinte ligazón.