Como elaborar unha estratexia de #Branding?

ad-3702082_640

Como elaborar unha estratexia de #Branding?

A dixitalización multiplicou as oportunidades de contacto das marcas coa clientela pera tamén supuxo a aparición de novos retos para as empresas. O branding defínese como a xestión estratéxica e creativa dos elementos que diferencian a identidade dunha marca, co obxectivo de transmitir os valores da empresa e crear vínculos coa clientela.

Ter unha estratexia de branding é fundamental para manter a una boa reputación e un bo posicionamento da marca ademais de conseguir a fidelización da clientela. Por iso, a continuación dámosche algúns consellos para iniciar a túa estratexia:

  • Analizar a situación externa e interna: o primeiro paso para realizar unha boa estratexia de branding é analizar a contorna na que vai actuar a marca, saber quen son os competidores para determinar os valores que nos diferencian do resto de empresas.
  • Definir o obxectivo principal: neste punto débese determinar o perfil do público ao que se quere dirixir e definir os valores da marca.
  • Crear a identidade visual da marca: é necesario que a marca teña o seu propio logotipo, co nome e coas cores corporativas para transmitir os valores definidos á clientela a través da imaxe da marca.
  • Ter páxina web: é moi importante que a marca conte cunha web corporativa que transmita os valores da mesma, pois permitirá traballar o posicionamento SEO, converténdose nun forte impulso para a estratexia.
  • Usar as redes sociais como medio de comunicación: a presenza da marca nas redes sociais a través da creación de contido de interese para a clientela potencial así como contido sobre os produtos e servizos da empresa, axudará a captar a atención dos usuarios e interactuar con eles.
  • Realizar un Email marketing: a través do envío de correo masivo os subscritores mantéñense actualizados con contido de interese para eles, polo que é outra forma de estreitar as relacións e reforzar a boa imaxe da marca.

 

En conclusión, estas son algunhas das accións que debes por en práctica para desenvolver una estratexia de branding. Lembra que a clave está en conseguir que os usuarios relacionen a túa marca cos valores que queres transmitir.

Fontes: https://bit.ly/2Sc6b3rhttps://bit.ly/2P4hpoHhttps://bit.ly/2r5hmPS