Debe a túa peme investir en marketing dixital?

online-marketing-1246457_640

Debe a túa peme investir en marketing dixital?

Na actualidade, unha parte importante do pequeno empresariado segue sen ser consciente da importancia de contar cunha estratexia de marketing dixital para aumentar as oportunidades de negocio e ser máis competitivo.

Na era dixital, o uso desta ferramenta non se considera unha tendencia, senón que ten que ver co cambio de comportamento  das persoas consumidoras, pois as decisións de compra da clientela baséanse na presenza da marca no mundo dixital.

Unha das principais vantaxes das estratexias dixitais é o seu alcance ilimitado, pois Internet non ten barreiras xeográficas, o que permite que o negocio poida darse a coñecer e expandirse a todo o mundo.

Outro punto importante é a rapidez dos medios dixitais. A comunicación coa clientela ou posible clientela é directa, inmediata e efectiva, o que se pode traducir en maior engagement e satisfacción.

En relación co punto anterior, outra das grandes vantaxes é que todo se pode medir. Dito doutra forma, o retorno do investimento (ROI) pódese coñecer de forma sinxela e precisa, grazas á cantidade de datos que se poden obter.

As plataformas de marketing dixital ofrecen estatísticas moi completas e en tempo real que permiten facer seguimentos das campañas e mesmo modificalas segundo os resultados que se vaian obtendo.

Ademais, a diferenza do marketing tradicional, as estratexias de marketing dixital teñen custos moito máis baixos. Con esta ferramenta é moito máis sinxela a segmentación da clientela, polo que se realizan accións máis enfocadas ao público ao que se quere chegar.

Por outra banda, as canles de marketing dixital son máis accesibles, o que posibilita que toda empresa, independentemente do tamaño, poida facer boas campañas. Despois disto, consideras que a túa peme non necesita unha estratexia de marketing dixital?

Fontes:https://bit.ly/2v2zIkvhttps://bit.ly/2Ea5m4zhttps://bit.ly/2z7WCKU;https://bit.ly/2oC64kU