As cinco solucións dixitais imprescindibles para a xestión das pemes

success-2917048_640

As cinco solucións dixitais imprescindibles para a xestión das pemes

Na era dixital, é importante que as pemes aborden a súa transformación a través da automatización dos procesos e a xestión do negocio con solucións dixitais que proporcionan as novas tecnoloxías e que as farán máis eficientes e competitivas.

A continuación mostrámosche as cinco ferramentas dixitais coas que toda peme debería contar:

  • Software de facturación e contabilidade: as ferramentas de facturación e contabilidade permiten integrar toda a información financeira nunha única plataforma, na cal poderás crear facturas e realizar todo tipo de xestións bancarias sen ningún tipo de esforzo. Ademais, todas estas ferramentas están na nube, co cal poderás acceder a elas dende calquera lugar e en calquera momento.
  • Software para o departamento de vendas (CRM): en moitos departamentos de vendas das pemes aínda posúen bases de datos en documentos Excel, polo que o CRM supón unha ferramenta ideal para elas. Trátase dunha base de datos dixital na que se pode ver todo o historial da relación de cada un dos clientes coa empresa. Esta solución beneficia a relación e a fidelización da clientela e axuda a detectar novas oportunidades de negocio, ademais de mellorar a xestión interna do departamento.
  • Ferramenta de financiamento alternativo: se estás pensando en internacionalizar o teu negocio, necesitarás financiamento. Para iso, existen ferramentas dixitais (como crowdfunding, crowdlending), plataformas en liña que se diferencian dos bancos tradicionais pola súa facilidade e transparencia á hora de concederlles préstamos ás pemes e aos autónomos.
  • Solucións dixitais de recursos humanos: a xestión de todos os procesos administrativos deste departamento cunha solución dixital constitúe un dos aspectos máis positivos para calquera peme, pois mellora a produtividade e a eficiencia do persoal. Acceder a elas é moi sinxelo, xa que son produtos que están na nube e nos que só hai que rexistrarse.
  • Ferramentas de comunicación interna: existen moitas solucións dixitais que permiten o diálogo entre o persoal e a dirección de forma transparente (Skype, Google Hangouts etc.). Que a comunicación interna da empresa sexa fluída é importante, pois contribúe á consecución dos obxectivos e á mellora da competitividade.

Todas as anteriores son só algunhas das solucións coas que debes contar á hora de comezar co proceso de transformación dixital, pois as tecnoloxías cada vez nos proporcionan máis ferramentas coas que mellorar  e facilitar a xestión dos negocios.

Fontes: https://bit.ly/2yT25FAhttps://bit.ly/2R6BGvdhttps://bit.ly/2SaAYia