Catro tecnoloxías para reinventar os modelos de negocio

technology-2082642_640

Catro tecnoloxías para reinventar os modelos de negocio

A dixitalización empresarial avanza rapidamente cambiando as formas de negocio, pois as novas tecnoloxías modifican a interacción dos sistemas financeiros ou os hábitos de consumo,  entre outras actividades.

A continuación detallámosche as catro tecnoloxías que están a transformar os negocios:

  • Internet of Things (IoT): é unha das tecnoloxías máis importantes para o crecemento das empresas. O procesamento da información mediante big data e softwares conectados con outros dispositivos, así como o almacenamento mediante cloud, permite a análise automatizada dos datos da clientela, o que proporciona unha relación constante con ela. Isto posibilita que coñezamos o seu comportamento para así tomar decisións e focalizar o crecemento do negocio.
  • Blockchain: ofrece un software descentralizado para os mercados actuais que permite rexistrar transaccións financeiras, almacenar rexistros ou rastrexar o fluxo de bens, información e pagos a través dunha cadea de subministración. Non require intermediarios que realicen o traballo e presenta garantías de integridade con respecto aos datos, pois cada dato está dixitalmente cifrado na rede punto a punto con sistemas criptográficos.
  • Machine Learning: a través da intelixencia artificial, xestiona gran cantidade de datos e extrae resultados útiles en función de patróns específicos. Entre as súas utilidades están a de predicir o número de baixas e altas de clientes, anticiparse á demanda ou á morosidade ou lanzar produtos específicos axustados ás necesidades reais dos usuarios.
  • Realidade virtual (RV) e aumentada (RA): a RV permite simular a situación para a clientela mentres proba os produtos e a RA permite interactuar con ela mediante o desenvolvemento de aplicacións, mesturando compoñentes dixitais no mundo real e mellorando a experiencia das persoas consumidoras.

 

Agora que coñeces as posibles tecnoloxías que están a reinventar os modelos de negocio, o seguinte reto que te debes propoñer como empresa será aproveitar as oportunidades tecnolóxicas para non quedar atrás, pois os novos modelos de negocio son o futuro das compañías.

 

Fontes: https://bit.ly/2vj3yq1https://bit.ly/2N88rWohttps://bit.ly/2N9IFRQ