Últimas Resolucións das convocatorias do Programa Re-acciona e Re-acciona TIC

Últimas Resolucións das convocatorias do Programa Re-acciona e Re-acciona TIC

O Igape publicou recentemente a última Resolución para a concesión de axudas do Programa Re-acciona, a cal se corresponde coa convocatoria 2018.3. A través deste programa póñense a disposición das pemes beneficiarias un amplo conxunto de servizos que teñen como finalidade facilitar a implantación de proxectos de mellora da competitividade en ámbitos como a optimización do financiamento, a redefinición do modelo de negocio, a optimización de procesos de produción e cadea loxística, o relanzamento comercial, a identificación de aliados e redes de cooperación o desenvolvemento estratéxico integral ou os protocolos de sucesión na empresa.

Polo que respecta ao programa Re-acciona TIC, as últimas resolucións publicadas correspóndense ás convocatorias 2018.2 e 2018.3. Con elas concédense axudas para incrementar o grao de profesionalización e de mellora competitiva a través de servizos de asistencia, diagnose e soporte de integración de solucións dixitais e Industria 4.0.

Podes consultar toda a información das resolucións na web http://reacciona.igape.es/index.php/resolucion-convocatorias/