Son os modelos de negocio dixital un factor clave de competitividade?

digital_640

Son os modelos de negocio dixital un factor clave de competitividade?

A transformación dixital supuxo para as empresas unha oportunidade de incorporar as novas tecnoloxías, sen importar o seu tamaño, ca finalidade de adaptarse ás novas esixencias de mercado. Esta revolución do comercio tradicional deu paso aos novos modelos de negocio dixitais, que buscan adaptarse aos novos hábitos de compra dos consumidores.

Entre as diversas vantaxes que aportan ás empresas, estes modelos de negocio son unha forma fácil e accesible onde calquera persoa pode comprar un artigo ou comparar prezos, sen intermediarios, reducindo o prezo final do produto ou servizo, sendo negocios moi rendible.

Outros dos beneficios que proporcionan é a mellora da experiencia da clientela. Coas novas tecnoloxías é posible, pois mellórase a calidade de resposta ao ser máis áxiles e eficientes. Ademais, o desenvolvemento do big data e a información que se pode recabar da clientela, da lugar á personalización das ofertas e dos produtos, así como a posibilidade de predicir as necesidades futuras.

Posibilitan tamén, o aumento da cota de crecemento das empresas. Todas as empresas,  independentemente do tamaño, teñen a posibilidade de facerse máis visibles e recoñecidas e así atraer clientes potenciais. Isto favorece a internacionalización pois co uso de Internet elimínase a limitación xeográfica, ao esta o alcance de todo o mundo.

Ademais de reducir os costes operativos, pois a implementación dun negocio dixital sempre será máis barato que calquera tenda física, o que se traduce nunha maior produtividade.

Estes son algúns dos beneficios que trae consigo a dixitalización, que aumentarán segundo vaian evolucionando as novas tecnoloxías e permita ás empresas acceder a novas ferramentas dixitais.

Despois disto, consideras imprescindible que as empresas adapten o seu modelo de negocio ás novas esixencias da sociedade a través das TIC?. A clave está en crear unha mellor versión da compañía para non perder competitividade.

Fonte: https://bit.ly/2QVjtS1https://bit.ly/2O2j8yB,https://bit.ly/2pyT7sK