CONVERTE A APLICACIÓN DO #RXPD NUNHA VANTAXE COMPETITIVA

business-3152586_640

CONVERTE A APLICACIÓN DO #RXPD NUNHA VANTAXE COMPETITIVA

Para os expertos, a aplicación do RXPD supón unha grande oportunidade para a vantaxe competitiva das empresas, pois demostra transparencia e autenticidade, o que reforza a relación coa clientela. Así mesmo, a nova normativa obriga a unha seguridade proactiva, que consiste na aplicación de medidas técnicas e organizativas por parte da persoa responsable do tratamento de datos, que garantan e demostren a aplicación deste regulamento.

Es consciente dos puntos clave do novo RXPD que melloran a competitividade da túa empresa? Contámosche cales son a continuación:

  • 1. A obtención dos datos mediante o consentimento: o consentimento xa non pode ser tácito ou por omisión, senón que a obtención ou a cesión de datos a terceiros terá que ser libre, específica, informada e inequívoca, e imperará o principio de minimización de datos para garantir un nivel de seguridade axeitado.
  • 2. Os mecanismos para garantiros dereitos das persoas interesadas: as empresas deben facilitar ferramentas accesibles, visibles e sinxelas para que quen o desexe poida exercer os dereitos de acceso e supresión dos datos que establece o RXPD.
  • 3. As medidas de seguridade axeitadas aos datos que se traten: a empresa debe levar unha axeitada xestión de riscos e aplicar medidas que garantan un nivel de seguridade dende o deseño e por defecto para garantir a privacidade e a confidencialidade da persoa usuaria.No caso de tratar datos considerados sensibles ou que supoñan un alto risco, deberase realizar unha análise de impacto.
  • 4. A notificación das violacións: o RXPD obriga a notificar as violacións de datos que poida sufrir a empresa ante a AEPD e as persoas afectadas, salvo que non supoña un risco para os dereitos e as liberdades destas.
  • 5. O rexistrode actividade de tratamento: é unha das novidades do novo regulamento e no que se declarara que datos obtén a empresa e a forma de obtención destes.

    Polo tanto, a aplicación do RXPD implica unha maior transparencia da empresa á hora de informar sobre o tratamento dos datos, unha maior accesibilidade por parte da persoa usuaria e unha maior protección deste tipo de información. Esta adaptación lexislativa implica unha nova relación coa clientela baseada na lealdade das empresas e a confianza depositada nelas. Por este motivo, o grao de adaptación ao RXPD convértese nun factor de competitividade no mercado que fai que as persoas usuarias se sintan máis seguras.

    Fontes:https://bit.ly/2tafUg1https://bit.ly/2y8WCx4;https://bit.ly/2LTIlqfhttps://bit.ly/2sYBxQW