Coñece de preto a experiencia de Lago Aves

caso_exito-02

Coñece de preto a experiencia de Lago Aves

No ano 2012 o Igape puxo en marcha a primeira edición do programa Re-acciona, con once servizos de mellora da competitividade empresarial. Na actualidade atópase na súa quinta edición e o balance de resultados é moi positivo. Lago Aves é unha das empresas que se acolleu a este programa para optimizar os procesos de produción e mellorar así a súa eficiencia e competitividade. Para isto, contratou o servizo de mellora na produción e a cadea loxística.lagoaves

A compañía pontevedresa, fundada en 1986, conta cunha facturación de 16 millóns de euros e con 40 empregados. Coa axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como coa do Igape, está a realizar un investimento para implantar tecnoloxías innovadoras de sensorización avanzada co obxectivo de optimizar os procesos e consolidar así a súa competitividade.

En palabras do seu xerente, Emilio Lago, “ o servizo Re-acciona de mellora da produción e a cadea loxística supuxo unha mellora no noso proceso produtivo e, sobre todo unha nova forma de pensar en como debemos producir, facéndoo dunha maneira máis lóxica e reconsiderando s constantemente en que podemos mellorar ou onde podemos avanzar”.