Queres converter a túa peme nunha lovemark?

lovemarks

Queres converter a túa peme nunha lovemark?

Cada día, as persoas consumidoras ven unha cantidade innumerable de marcas, pero de todas elas só lembrarán unhas poucas. A clave para ser unha destas está en ir máis alá da propia marca, é dicir, abandonar a idea de que só é un nome, un produto, para conseguir converterse en algo máis, algo ao que os individuos estean emocionalmente atados.

Segundo Kevin Roberts, o creador da teoría das lovemarks, as claves para conseguilo son:
O amor: as emocións moven montañas e todo o mundo necesita sentilas. Existe unha gran variedade, de entre as que a túa marca debe elixir a que desexa transmitirlles aos consumidores. Os sentimentos non se poden impoñer, requiren un grande investimento de tempo e de creatividade, polo que as organizacións teñen que ter paciencia e ser constantes.
O respecto: ao igual que nunha parella, o amor debe estar acompañado deste segundo punto. Nunha peme, para conseguir que os nosos consumidores sintan respecto, deberemos ser innovadores e comprometidos, ofrecer produtos ou servizos de calidade, ser sinceros e coidar a reputación. Teremos que lograr converternos nunha marca que transmita seguridade e seriedade, unha entidade na que poder confiar.
O misterio: se o teu público coñece todo sobre ti, non haberá lugar para a sorpresa, para estimular a emoción. Para isto deberemos utilizar o storytelling e contar historias que atrapen os consumidores, coas que se sintan identificados. Non se trata de mentir, nin de inventar, senón de saber como contar cousas sobre nós de maneira diferente.
Os sentidos: as lovemarks non só chegan a converterse nun referente polo seu impacto nos usuarios a través da vista. O impacto debe chegar tamén a través doutras canles, debe asociarse a un olor, un son… Os recordos máis duradeiros son os que conseguimos implantar a través dos sentidos.

A túa marca non debe limitarse a estar no mercado como unha máis. Tes que saber diferenciarte, quedar na mente e, sobre todo, nos corazóns dos consumidores. Un cliente namorado é para toda a vida. Paga a pena, verdade?

Fontes: https://bit.ly/2uj7VRx, https://bit.ly/2vLGFvN, https://bit.ly/2vLGHnp