Coworking, a nova filosofía de traballo para persoas emprendedoras e pemes

coworking

Coworking, a nova filosofía de traballo para persoas emprendedoras e pemes

O coworking é un espazo compartido por diferentes colectivos, fundamentalmente pemes e persoas autónomas ou emprendedoras, co obxectivo de establecer contactos profesionais e reducir custos. É unha forma de traballo que ofrece a posibilidade de crear sinerxias e que facilita o nacemento de novas empresas.

Este concepto apareceu por primeira vez en Estados Unidos na década dos anos 90 coa finalidade de que as persoas que traballaban de maneira independente puidesen facelo dende un mesmo lugar.

Este tipo espazos ofrece unha serie de vantaxes máis alá do simple aforro económico das que podes beneficiarte:

  • Flexibilidade: a maioría dos centros de coworking poden alugarse por días, e incluso por horas, en función das necesidades que cadaquén teña. Ademais, están abertos 24 horas e todos os días da semana, o que outorga liberdade absoluta para decidir cando traballar, de día ou de noite, ou facer un descanso aínda que non sexa fin de semana.
  • Aprendizaxe constante: ao estar nun ambiente compartido por profesionais de diferentes sectores, poderás pedir axuda nas materias nas que non teñas coñecementos previos e así aprender e axudarse uns aos outros.
  • Ampliación da rede de contactos: unha das principais vantaxes que ofrecen este tipo de lugares é a posibilidade de coñecer profesionais que poden converterse en futuros clientes ou colaboradores, o que abre moitas portas.
  • Participación en accións formativas: é habitual que os coworkings organicen actividades de formación, coloquios ou xornadas especiais que poden axudar ao desenvolvemento profesional e abrir novas oportunidades de traballo.
  • Motivación: contar cun espazo dedicado ao traballo, sen esixencias horarias, favorece a concentración e a motivación para o desenvolvemento de novos proxectos.
  • Repartición de gastos: para as pequenas empresas ou emprendedores que acaban de empezar e non contan cun gran orzamento que lles permita alugar un local, esta é unha gran posibilidade. Os profesionais poden ter un lugar de traballo coas mesmas comodidades que unha oficina, pero sen ter que facer un gran desembolso.

Na actualidade, o noso país é o terceiro con maior número de oficinas deste tipo. Esta práctica estase a converter en algo habitual, que lles permite ás novas empresas crecer e formarse sen ter que renunciar aos seus obxectivos por falta de presuposto.

Fontes: https://bit.ly/2HCAYlY, https://bit.ly/2sOicV4, https://bit.ly/2viNhRZ