Industrias Proa

Pintura

Industrias Proa

Razón social: Industrias Proa S.A.

industrias-proa-logo

 

 

A empresa Industrias Proa, co apoio do programa Re-acciona, investiu nun proxecto piloto que incorpora sistemas innovadores como un laboratorio monitorizado. Con el pretenden facer ensaios da aplicación das pinturas reproducindo as condicións esixidas nas cadeas de produción de automóbiles. A automatización facilita o deseño, a produción e a homologación de novos produtos e procesos.

Esta entidade está especializada na fabricación de pinturas e esmaltes para sectores como o da automoción, naval, construción, decoración ou conserveiro. Emprega a máis de 80 traballadores, factura uns 14 millóns de euros ao ano e exporta un 19% da súa produción.