Novas convocatorias dos programas Re-acciona e Re-acciona TIC

Novas convocatorias dos programas Re-acciona e Re-acciona TIC

A Xunta mantén activas as convocatorias para a solicitude dos servicios do programa Re-acciona. Con eles pretende apoiar as pequenas e medianas empresas na implantación de proxectos de mellora competitividade.

No caso do programa Re-acciona TIC o prazo estará aberto ata o día 19 de abril. Todas  aquelas empresas interesadas en mellorar mediante as solucións que ofrecen as TIC e a Industria 4.0 poderán solicitar os seus servizos a través da web antes desa data. Por outro lado, as organizacións interesadas en incrementar o seu potencial competitivo e o grao de profesionalización dos seus equipos directivos grazas ao programa Re-acciona poderán presentar a súa solicitude ata o día 25 de maio.

Toda a información sobre as convocatorias, as solicitudes e os servizos ofrecidos polo Igape están na páxina web http://reacciona.igape.es/.