Conecta a túa peme coa xeración z?

Conecta a túa peme coa xeración Z

Conecta a túa peme coa xeración z?

Enténdese como “xeración Z” todos os nacidos a partir do ano 1995. Trátase de persoas nativas dixitalmente que equivalen a un 20,7 % da poboación mundial. Os GenZers teñen hábitos de consumo moi diferentes aos da xeración anterior, polo que as marcas deben saber identificar como chegar a eles de maneira eficaz. Para iso é importante coñecer en profundidade este novo público obxectivo e saber as características principais que os definen:

  • Están comprometidos: o que os caracteriza principalmente é a diversidade, pois constitúe unha xeración máis multicultural. Rexeitan as etiquetas, os prexuízos no plano sexual e educativo, e son defensores da igualdade. Posto que creceron coa crise, o terrorismo e o cambio climático, trátase de persoas realistas, conscientes das problemáticas actuais e moi comprometidos co seu contorno.
  • Son nativos dixitais: creceron co auxe das novas tecnoloxías, o que os converte en expertos. O 88,4 % afirma utilizar internet como principal fonte de información, e xa non outros medios como a televisión ou a radio. Mentres que a xeración dos millenials usa tres dispositivos de media, a xeración Zemprega cinco. Viven nas redes sociais e demandan formatos visuais, polo que resulta imprescindible incorporar imaxes, vídeos ou incluso gifs para manter a súa atención.
  • Buscan influencers:  as referencias desta xeración están en YouTube, as persoas ás que seguen e nas que confían.
  • Queren autenticidade, persoas reais en lugar de modelos nos anuncios: buscan xente que reflictaas súas propias vidas e incluso poder coñecer a quen está detrás do contido.
  • Desexan participar: non queren ser receptores de información, senón traballar activamente nas mensaxes que as marcas queren lanzar. Implícanse e desexan que esta implicación sexa escoitada, polo que o modelo colaborativo é o máis axeitado para chegar a eles.
  • Danlle máis valor á experiencia que a posuír un produto: queren gozar dos obxectos e non lles importa tanto compralos. Ademais, preocúpanse moito menos que a xeración anterior polo prezo das cousas.
  • Son comprados físicos: un dato que chama a atención é que se trata de persoas que prefiren consumir en establecementos físicos en lugar de utilizar a canle dixital. Os centros comerciais son tres veces máis populares na xeración Z que outros tipos de comercios. As marcas deben aproveitar a información obtida a través de internet para mellorar a súa experiencia de cliente na tenda física.
  • Son multitarefa: a súa capacidade de concentración é, xeralmente, de oito segundos. Isto implica que as marcas teñen cada vez menos tempo para captar o interese dos consumidores. Ademais, están acostumados a unha vida virtual, en tempo real, polo que queren que as súas necesidades sexan satisfeitas de forma inmediata.
  • Son independentes: desexan relacionarse coas marcas pero sentirse libres, non son fieis. Gústalles ser únicos e non formar parte dun conxunto. As marcas deben dirixirse a eles de maneira personalizada.
  • Buscan reputación de marca: valoran moito o compromiso social das empresas con cuestións de igualdade, integración ou respecto ao medio. Esta reputación debe incluír tamén a seguridade dos datos que manexan, xa que se preocupan máis que a xeración anterior sobre a xestión da súa información.

A transformación dixital obriga as entidades a adaptarse cada vez máis rápido a un contorno cambiante e á aparición de xeracións cada vez máis conectadas, esixentes e informadas que saben o que queren e cando o queren.

 

Fontes: https://bit.ly/2FhYp6m, https://bit.ly/2pIbyeW, https://bit.ly/2GQHB3y