Storytelling, unha das claves para a construción dunha imaxe corporativa forte na era dixital

Storytelling, unha clave para a construción dunha imaxe corporativa forte

Storytelling, unha das claves para a construción dunha imaxe corporativa forte na era dixital

A creación de historias como técnica para conectar cos usuarios non é nova, pero si os medios utilizados. Na actualidade a maior parte de comunicación cos consumidores faise en liña, e as empresas deben adaptarse a esta situación e sacarlles o maior partido posible ás redes sociais. Neste contexto o storytelling converteuse nunha ferramenta de grande utilidade para conseguir apelar o lado emocional das persoas a través de internet.

Cada vez é mai complicado chegar aos usuarios, xa que estes deciden en todo momento o que queren ver e foxen de todo contido que interpreten como publicitario e intrusivo. Por iso, as marcas deben buscar novas fórmulas para xerar contidos de calidade que acheguen valor ao público.

A técnica do storytelling posúe unha serie de beneficios para a nosa empresa:

  • Diferéncianos da competencia.
  • Xera confianza no cliente, xa que non o considera publicidade intrusiva.
  • Implica emocionalmente o usuario coa marca, xa que empatizan coas personaxes. Desta forma non se venden as características do produto, senón o que este fai sentir.
  • É máis viral: se a alguén lle gusta a historia, é moi probable que a comparta coa súa comunidade de amigos.
  • Permite transmitir a filosofía e os valores da marca.

A diferenza do que moitos pensan, esta técnica está ao alcance de calquera empresa, non se necesitan grandes presupostos, senón creatividade para chegar ao noso público. O único límite, neste caso, está na nosa imaxinación.

O primeiro paso é pensar que historia queremos contar e, máis tarde, saber adaptala a cada un dos medios sociais.Para xerar engagement na túa audiencia podes seguir estes consellos:

  1. Desvela historias día a día sobre a túa marca.
  2. Mostra o valor da túa empresa a través das historias.
  3. Refírete a un estilo de vida, un problema, un interese ou unha necesidade, e provoca reaccións emocionais.
  4. Utiliza unha linguaxe apropiada, que sexa fácil de entender, independentemente do formato que se empregue.
  5. Consigue que a túa audiencia queira máis, ofrece motivos para que volvan e ofrécelles contido novo ao seu regreso.

Nun momento no que chegar ao público é tan complicado, hai que saber adaptarse ás súas demandas. A xente pode esquecer o que dis e o que fas, pero nunca o lle fixeches sentir, polo que esta técnica pode ser un gran recurso para crear esa relación de fidelidade cos nosos clientes.

Fontes: https://bit.ly/2DVLtgI, https://bit.ly/231DBjs, https://bit.ly/2HXMYyg, https://bit.ly/2G6UMAp, https://bit.ly/2BGfAHZ