O programa Re-acciona celebra unha nova xornada sobre enoturismo

O programa Re-acciona celebra unha nova xornada sobre enoturismo

O Museo Etnográfico do Viño de Cambados acollerá esta xornada o 18 de abril, na que se falará dunha nova forma de coñecer o mundo, cada vez máis demandada, coa que transmitir a esencia dun territorio a través dun produto,  neste caso, o viño. A xornada, que se desenvolverá entre as 9.30 e as 12 horas, comezará cun café de benvida. Logo deste, terá lugar unha mesa redonda coas experiencias Re-acciona. Nela intervirán, para falar sobre os servizos do programa, as empresas Siente Galicia e Trazer, o concelleiro de Enoturismo, a alcaldesa de Cambados e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

Tras as experiencias Re-acciona, haberá dous relatorios nos que participarán un representante da adega Martín Códax e o director de Instituto do Viño, Xoán Cannas. Para rematar, o xerente do Igape, José Manuel Fernández, presentará os servizos Re-acciona para a mellora da competitividade das pemes galegas e, posteriormente, procederase a unha rolda de preguntas.

Este tipo de xornadas están especialmente dirixidas a persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector. Toda a infromación sobre a xornada está na páxina web de Re-acciona (https://bit.ly/2pBiuKT)