Nova convocatoria do programa Re-acciona

Nova convocatoria do programa Re-acciona

O vindeiro 5 de febreiro ábrese a primeira convocatoria do ano 2018 do programa Re-acciona, a través do cal as pemes poden executar proxectos de mellora, acompañadas polos axentes colaboradores, en distintos ámbitos: análise de negocio, profesionalización (en vendas, produción, calidade…) e desenvolvemento estratéxico (execución de plans, reorientación de negocio…).

Os períodos de admisión de solicitudes anunciaranse na páxina web do Igape (http://www.igape.es/reacciona) e na súa oficina virtual (http://tramita.igape.es), e serán os especificados na convocatoria.

Dentro dos prazos establecidos na resolución de convocatoria, os solicitantes deberán cubrir un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Nesta cuarta convocatoria do programa Re-acciona de 2018 ofértanse 76 prazas que se distribúen entre os once servizos que se ofrecen da seguinte maneira:

Convocatoria Reacciona