O emprego de métricas para mellorar as vendas no teu negocio

metricas

O emprego de métricas para mellorar as vendas no teu negocio

Ás veces acontece que no noso negocio as vendas non son as esperadas, unha situación na que o máis recomendable é facer unha análise para saber cal é a causa de que isto sexa así. A mellor opción, sen ningunha dúbida, é empregar diferentes métricas que nos axuden a saber onde debemos incidir para incrementar as nosas vendas.

A continuación, imos falar dalgúns indicadores que se deben ter en conta para mellorar as vendas do noso negocio:

  • O custo de adquisición de cliente, isto é, canto supón a nivel de gasto en mercadotecnia ou vendas conseguir a captación de clientes. Neste caso é importante ter en conta que o prazo para lograr resultados pode ser longo.
  • O lifetime value, é dicir, o diñeiro que recibimos do cliente ao longo do seu ciclo de vida, entendido este como o tempo en que dure a súa relación comercial connosco.
  • O CHURN, que supón a cantidade de clientes que perdemos ao non realizar estes ningunha adquisición durante un período concreto que consideremos habitual de compra.
  • O monthly recurrence revenue, ou sexa, os ingresos mensuais que conseguimos por parte dos clientes cos que temos establecido un contrato mensual de compravenda.
  • Os pedidos, a saber, a cantidade total de ingresos que percibimos das peticións que nos realizaron nun período concreto de tempo.

A través da observación de métricas como as que acabamos de mencionar, imos poder extraer algunhas conclusións: coñecer a rendibilidade do noso negocio, realizar unha comparación das canles de venda para tomar decisións, saber como está a nosa carteira de clientes ou realizar previsións de ingresos.

Fonte: https://es.linkedin.com/pulse/