Novos bolseiros Re-acciona

formacion_becarios

Novos bolseiros Re-acciona

Unha das particularidades do programa Re-acciona é a posibilidade que teñen as empresas de incorporar un bolseiro como apoio ao desenvolvemento dun servizo ou dun proxecto de mellora.

O pasado 16 de xaneiro tivo lugar, no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), a presentación do curso de formación de xestión de proxectos de mellora, no que participan 60 novos titulados universitarios que nos vindeiros meses se incorporarán como bolseiros a empresas, clústers e diferentes entidades colaboradoras.

Esta formación rematará o vindeiro martes 25 de xaneiro e ten como obxectivo dotar as persoas participantes de coñecementos para que desenvolvan as súas prácticas formativas, tanto no ámbito da estratexia empresarial, como en ámbitos funcionais clave (comercial, produción e finanzas) e na industria 4.0 e a dixitalización.

Os resultados ata o momento foron positivos, xa que nas dúas últimas convocatorias o 62 % dos titulados que remataron o seu período como bolseiros acabou incorporándose ao mercado laboral de xeito inmediato.

Pódese ampliar a información sobre as bolsas Re-acciona na nosa web http://reacciona.igape.es/index.php/bolseiros/.