O digital worker. Un concepto descoñecido para a empresa?

Portrait of young Businessman Using Digital Tablet

O digital worker. Un concepto descoñecido para a empresa?

Coa introdución das novas tecnoloxías nas organizacións, un dos debates máis frecuentes é o papel do persoal neste novo escenario. A pesar de que desaparezan algúns postos de traballo, a clave será a capacidade de adaptabilidade dos traballadores a esta nova era dixital.

É por iso que xa se falan dos digital workers, empregados que, aínda que non sexan nativos dixitais, conseguiron transformarse absorbendo estas novas tecnoloxías e ocupando de maneira eficiente os novos postos de traballo dixitais. Cales son as súas características?

  • A alta mobilidade laboral. Dispoñen dunha alta capacidade para traballar dende calquera lugar fóra da oficina, así como teletraballar.
  • O emprego das ferramentas e servizos propios da era dixital, como é o caso da nube para almacenar información e datos, aos que poder acceder dende calquera dispositivo ou no momento no que sexa necesario.
  • A autonomía á hora de buscar solucións aos problemas que poidan xurdir. A capacidade resolutiva permítelles tanto tomar decisións como solucionar problemas relacionados con aspectos tecnolóxicos ou doutro tipo.
  • O traballo en equipo. Están afeitos a compartir tarefas con outros empregados e a colaborar con eles de forma áxil, social e creativa. Para iso, fan uso do manexo de información dixitalizada, sen malgastar grandes cantidades de papel.

O papel da empresa neste senso é moi importante, xa que ten a misión de facilitarlles aos traballadores esta transformación, así como motivalos para o cambio, proporcionándolles as ferramentas necesarias. Cales pensas que son as dificultades máis importantes para conseguir digital workers?

Fonte: https://aunclicdelastic.blogthinkbig.com/