Están as empresas preparadas para a nova normativa de protección de datos?

proteccion_datos

Están as empresas preparadas para a nova normativa de protección de datos?

Un dos aspectos relevantes que vai preocuparlles ás empresas neste ano é a ciberseguridade, xa que comezou a conta atrás para que a nova normativa europea de protección de datos, a GDPR (Regulamento Xeral de Protección de Datos), sexa de obrigado cumprimento. Esta entrou en vigor en maio de 2016,  e comezará  a aplicarse substituíndo a normativa vixente a partir do 25 de maio de 2018.

Esta lexislación céntrase en garantir a privacidade e a seguridade dos datos persoais pertencentes a residentes da UE que manexan as organizacións que operan tanto dentro do territorio como fóra das fronteiras. Pero que deben facer as empresas para  cumprir coa normativa?

  • Concienciar e educar. É necesario formar e informar o cadro de persoal  de todo o relacionado con esta normativa, como os novos protocolos que cómpre seguir, cando a estamos incumprindo e cales son as posibles sancións ou multas.
  • Localizar os datos almacenados. Hai que identificar onde se atopan aloxados os datos para saber onde debemos incidir para cumprir coa normativa, así como establecer un sistema de clasificación dos diferentes datos, automatizando deste xeito o proceso.
  • Implantar un sistema de identificación seguro. Estes sistemas de rexistro son frecuentes para poder ter control  sobre quen accede a estes datos. Polo tanto, ademais de verificar as actividades de logging, debemos establecer controis automáticos ou manuais que axuden a revisar periodicamente os historiais de actividade e identifiquen actividades maliciosas ou non autorizadas.
  • Controlar toda a información. O proceso de adaptación aínda non está rematado, xa que varios organismos da UE están traballando na súa aplicación. Por este motivo, é importante estar ao tanto de calquera novidade ou actualización que teña que ver coa aplicación desta normativa.

Despois do comentado anteriormente, consideras que no teu negocio debes realizar cambios para cumprir con esta normativa? Para ampliar a información sobre a lexislación de protección de datos, podes consultar a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Fonte: https://bitlifemedia.com/2017/11/esta-empresa-preparada-gdpr/