Como serán os espazos de traballo do futuro?

2

Como serán os espazos de traballo do futuro?

A pesar de que en xeral se fala máis dos cambios que están sufrindo as empresas a nivel tecnolóxico, a dixitalización está mudando a maneira de traballar e con elo os espazos de traballo.

A continuación, achegamos algunhas tendencias que estarán presenten nos espazos de traballo do futuro:

  • A flexibilidade: as necesidades cambiantes das empresas e a incerteza sobre o futuro, fai necesario o deseño de espazos con capacidade de adaptación para que poidan ser modificados facilmente.
  • A eliminación de fronteiras de xerarquía: amplo rango de espazos para que o traballador poida elixir onde e como quere traballar en función da actividade que está realizando en cada momento, independentemente da súa posición xerárquica.
  • Unha volta á natureza: a pesar da inclinación por espazos onde abundan a tecnoloxía e o artificial, apóstase por introducir elementos que representen a natureza. Mediante o emprego de materiais reciclados, espazos abertos ou a iluminación natural.
  • A colaboración: o aumento da mobilidade dos traballadores, fai que moitos poidan realizar as súas tarefas dende calquera lugar. Polo tanto a oficina, pasa a ser un lugar de encontro para o traballo en conxunto e de cooperación.
  • Os espazos inspiradores: contornos nos que o empregado que pasa gran parte do seu tempo, poida relaxarse, relacionarse e aprender dos seus compañeiros ou doutras fontes que fomenten a creatividade.

Despois do comentado anteriormente, consideras que as condicións do espazo de traballo inflúe na produtividade do empregado ou hai factores máis importantes nos que o teu negocio ten que poñer atención?

Fonte: https://www.muypymes.com/