Design thinking, un método para innovar na túa empresa

Composite image of graphic light bulb with blue background

Design thinking, un método para innovar na túa empresa

Se algo caracteriza as grandes organizacións é a necesidade de estar en constante proceso de renovación para poder manterse na elite. É por iso que son as que máis empregan diferentes métodos para chegar a innovar, e que as medianas e pequenas empresas poden tomar como referencia para aplicar nas súas organizacións.

O design thinking ou “pensamento de deseño” é un destes métodos para innovar na empresa, grazas a produtos ou servizos que tenden a satisfacer mellor as necesidades dos usuarios, grazas á súa participación activa no proceso de creación. Esta metodoloxía segue fundamentalmente cinco pasos:

  • Sentir empatía. Para crear un produto que conecte co consumidor cómpre experimentar de primeira man o que sente este no seu propio contorno, analizando as súas necesidades, problemas e desexos.
  • Definir o problema. Débese analizar cales son as nosas oportunidades e cales son os desafíos ou problemas que hai que resolver para poder achegar solucións innovadoras.
  • Idear varias solucións. É necesario levar a cabo un proceso de brainstorm (tormenta de ideas), no que a participación sexa alta para obter o maior número de ideas, xa que ter diferentes perspectivas é moi importante.
  • Desenvolver prototipos. Cómpre materializar a idea final para facela máis real e poder analizar desta maneira as súas debilidades, o seu potencial ou os aspectos que hai que perfeccionar.
  • Avaliar e testar os prototipos. O usuario proba o prototipo final e grazas ao feedback que ten lugar neste proceso logramos coñecer se satisfai o consumidor, que é o que debemos mellorar ou se hai que buscar outra solución.

“Os homes de negocios terán que parecerse máis aos deseñadores” é unha frase de Tim Brown que resume esta tendencia á hora de innovar. Que outras maneiras coñeces para darlle un novo impulso ao teu negocio?

Fonte: http://bienpensado.com/