Os beneficios de que a peme conte cunha certificación ISO

certificacion_iso

Os beneficios de que a peme conte cunha certificación ISO

Segundo datos do ISO Survey, España atópase na sétima e a cuarta posición, respectivamente, da clasificación mundial e europea de países con maior número de empresas que posúen a certificación ISO do Sistema de Xestión da Calidade. En números, estamos a falar de preto de 35 000 organizacións que contan con esta acreditación.

Este documento outórgalle á empresa o recoñecemento polo cumprimento da normativa nos seus procesos de fabricación, loxística etc. en termos de calidade, medio natural, prevención de riscos ou en calquera outro aspecto.

Pero cales son os beneficios que obteñen as empresas grazas a este tipo de certificados?

  • A transformación nunha empresa de referencia en termos de calidade, ao amosar a súa adaptabilidade e compromiso coa normativa, converténdose así nunha empresa atractiva para traballar.
  • A boa imaxe fronte á clientela, grazas á mensaxe de que os nosos produtos foron fabricados cumprindo a normativa vixente e respectando os límites de calidade.
  • A oportunidade de colaborar con outras empresas en diferentes proxectos, debido a que, ao ser unha organización responsable, xera confianza, e no caso de ser provedora doutros negocios, convértese na primeira elección.
  • A posibilidade de participar en concursos públicos, xa que é frecuente que as Administracións esixan, entre os seus requisitos, posuír certas certificacións para poder entrar neste tipo de procesos.

O comentado anteriormente deixa claro que posuír un certificado de calidade sempre suma máis que resta. Pero cales son as dificultades coas que se atopan as empresas para obter este tipo recoñecementos? É por un motivo de investimento de capital principalmente?

Fonte: http://blogdecalidadiso.es/