fbpx

Como mellorar as finanzas da túa empresa?

Como mellorar as finanzas da túa empresa?

Un dos departamentos que máis inflúe na toma de decisións dunha organización e, polo tanto, no seu futuro, é, sen dúbida ningunha, o financeiro. De feito, o principal motivo polo cal desaparecen as pequenas e medianas empresas continúa a ser financeiro.

É importante ser conscientes de que a situación financeira da nosa empresa non se reduce só a unha cuestión de contabilidade, senón a saber interpretar esa información.

A continuación, amosámosche que aspectos che poden axudar a mellorar as finanzas da túa empresa:

  • A optimización da tesourería, o control da entrada e saída de diñeiro, de maneira que evitemos ter problemas de liquidez. Aínda que pareza obvio, é frecuente que non se realice unha previsión dos momentos cruciais nos que hai que realizar pagos.
  • A redución dos gastos na medida que sexa posible. A través de mellores acordos cos teus provedores pódense reducir os gastos de aprovisionamento e o stock do teu almacén.
  • A busca de diversas fontes de financiamento, eliminando a dependencia habitual cos bancos. Algunhas empresas asócianse para levar a cabo investimentos.
  • A análise previa de calquera investimento que implique riscos, tendo en conta diferentes escenarios sobre os resultados e as súas posibles solucións.

Tras o comentado anteriormente, pensas que axudaría na túa empresa ter en conta algunha das recomendacións anteriores? O programa Reacciona conta co servizo de optimización financeira, unha boa forma de que as empresas coñezan a súa realidade.

Actualmente hai unha convocatoria aberta deste programa ata o 3 de novembro e da que te podes informar na nosa web convocatoria-re-acciona

Fonte: finanzasyproyectos.netwww.captio.net