A cooperación con socios internacionais para lograr o éxito noutros mercados

Paper folded world map  with red Pin Pointer

A cooperación con socios internacionais para lograr o éxito noutros mercados

As pequenas ou medianas empresas que tratan de expandirse a novos mercados, en xeral, non teñen a capacidade e os recursos suficientes para emprender este camiño, especialmente en comparación coas grandes empresas.

Posto que este proceso de internacionalización pode ser complexo, como o  deberían abordar as pequenas empresas? Estes son pasos que se aconsella seguir:

  • Realizar unha análise do contorno e do mercado obxectivo, de maneira que coñezamos as súas particularidades e características (cultura, idioma, aspectos fiscais ou legais…) que poden actuar como barreiras no acceso da organización.
  • Valorar as posibilidades da empresa de forma realista, analizando internamente as capacidades a nivel de produción, a estrutura organizativa e as necesidades financeiras.
  • Elaborar un proxecto completo e sen présa, analizando todas as áreas da empresa que se ven implicadas neste proceso: recursos humanos, marketing, loxística, finanzas…

En todo este proceso de internacionalización, a cooperación cun socio local ou aliarse cunha empresa que tamén estea interesada en abrirse ao exterior pode ser clave no seu éxito. É unha boa forma de obter información de primeira man sobre o novo mercado, ademais de que o traballo conxunto implica compartir experiencias, ideas e consellos.

Un dos servizos do programa Re-acciona, redes de cooperación e de socios, busca precisamente axudar as empresas nas súas estratexias colaborativas para acceder a novos mercados. Actualmente hai unha convocatoria aberta do programa, que remata o 15 de setembro.

Fontes: www.puromarketing.comwww.eaeprogramas.es