Formas parte dun ecosistema empresarial? Coñece as súas vantaxes

Concept of teamwork: Close-Up of hands business team showing unity with putting their hands together.

Formas parte dun ecosistema empresarial? Coñece as súas vantaxes

Unha empresa non é unha entidade illada sen relación con outras organizacións que existen no mercado, debido a que pode verse afectada positivamente ou negativamente polo que estas fagan. É por iso que moitas empresas están aplicando estratexias que lles permitan formar parte de ecosistemas empresariais.

Entón, a que nos referimos cando falamos de ecosistema empresarial? Pois, simplemente, a unha rede de empresas interdependentes que teñen como obxectivo crear solucións innovadoras nun sector ou industria, co obxectivo de potenciar a creatividade e o valor na obtención de solucións.

A continuación, achegamos algunhas das vantaxes de formar parte deste tipo de ecosistema:

  • A flexibilidade operativa que lle permite á empresa axustarse aos requirimentos dos clientes. A razón fundamental disto é a tendencia que existe a que se complementen os servizos entre as empresas que forman parte dos ecosistemas, grazas a esa cultura organizacional que se forma.
  • A axilidade estratéxica, as oportunidades, a creatividade e a diferenciación, todos eles atributos que achegan máis valor aos produtos ou servizos de cara aos plans cos clientes. Isto é moi importante nun escenario que está cambiando constantemente e rapidamente, no que o cliente é altamente especializado.
  • O incremento da proactividade, co impulso dos colaboradores a crear resultados de maneira contundente, comprometida e sostible.
  • A capitalización das oportunidades de mercado, grazas ás prácticas colaborativas que se fomentan neste ambiente.
  • As vantaxes financeiras que se traducen en beneficios tributarios para a empresa. Introducirse mun ambiente de colaboración e interdependencia mitiga os riscos económicos que implica estar en solitario.

Debido a todas as posibilidades que supón para unha empresa, pensas que a túa peme impulsaría a súa competitividade se forma parte dun ecosistema empresarial?

Recorda que o programa Re-acciona conta cun servizo de redes e cooperación e de socios, no que está moi presente a necesidade de colaboración para satisfacer as necesidades de capacidades e recursos que teñen as pemes. Actualmente hai unha convocatoria aberta deste programa que podes consultar na web e que remata o 15 de setembro reacciona.igape.es/convocatoria-2017

Fonte: es.linkedin.com/pulse/