fbpx

Por que a túa páxina web debe ter un deseño responsive?

Por que a túa páxina web debe ter un deseño responsive?

A forma na que nos conectamos a internet xa non é a mesma que hai uns anos, posto que antes só o faciamos a través dun ordenador, pero agora empregamos, entre outros, tablets e dispositivos móbiles. De feito, en España, máis da metade das buscas en Google se realizou neste tipo de dispositivos, segundo un estudo recente de Semrush.

Esta tendencia esténdese aos nosos clientes, o que fai necesario que a nosa web teña un deseño responsive, é dicir, que a páxina web se poida visualizar de maneira óptima en diferentes dispositivos. A continuación achegamos máis razóns polas que a túa empresa debería contar cunha páxina web cun deseño responsive:

  • É unha boa carta de presentación e de imaxe ante os nosos clientes, ao ofrecer unha boa experiencia de usuario aos que visitan a nosa web grazas a unha navegación cómoda, fácil e segura. Trátase, ademais, dun bo método de fidelización de clientes e que reduce a posibilidade de abandono nas visitas á web.
  • Evítase a duplicación de contido para os diferentes dispositivos e, polo tanto, redúcese o tempo que se inviste no desenvolvemento e mantemento das páxinas web. A razón é que só utilizamos unha web que se adapta e axusta automaticamente aos diferentes dispositivos.
  • Increméntase a posibilidade de que os usuarios compartan e enlacen contido da nosa páxina web grazas á súa adaptabilidade, o que favorece a nosa visibilidade.
  • Diminuímos a posibilidade de que se orixinen os erros habituais que se producen nos sitios web para móbiles, ademais de aumentar a velocidade de carga, ao non redireccionar a diferentes versións segundo o dispositivo.
  • É un factor clave no posicionamento en liña (SEO), pois axuda a colocarse nos primeiros lugares de buscadores como Google. Se non se cumpren algúns requisitos en canto a deseño web, este buscador penalízate.

A páxina web dunha empresa é un elemento esencial para esta, especialmente se ten unha tenda en liña, pois a experiencia do usuario está estreitamente relacionada coas decisións de compra ou a imaxe da empresa. Se o que precisa a túa peme é mellorar o deseño da páxina web e o posicionamento en liña, o servizo de imaxe e comunicación do programa Re-acciona é o axeitado. Actualmente hai aberta unha convocatoria para solicitar os servizos deste programa que remata o 15 de setembro reacciona.igape.es 

Fontes: www.numericco.comwww.masdigital.netes.semrush.com