fbpx

Como analizar a túa competencia en liña?

Como analizar a túa competencia en liña?

Á hora de emprender un novo proxecto empresarial é importante analizar cal é a nosa competencia, como traballa e quen é. En definitiva, realizar unha análise de mercado, tanto dos competidores que teñen presenza en Internet como dos que non. Nós imos centrarnos nos primeiros.

Debemos ter en conta que a competencia é a que ofrece produtos ou servizos moi parecidos aos que demanda a nosa clientela, pero tamén a que ofrece alternativas que cobren igualmente as súas necesidades. É necesario identificala realizando buscas de palabras clave que describan os produtos ou servizos en buscadores como Google, e posteriormente analizar catro factores web da competencia:

  • O SEO on-site para coñecer as palabras clave a través das cales a competencia quere chegar ao cliente. Isto garda relación coa estrutura e a organización da súa web.
  • O SEO of-site, estudando as ligazóns que chegan aos sitios web da nosa competencia. É importante saber se os sitios web que enlazan coa nosa competencia son de alta calidade, xa que tamén nos afectará no posicionamento.
  • A usabilidade da web en aspectos como os obxectivos que ten a competencia (rexistros de compra ou boletín), o uso de protocolos SSL (https), o tempo de carga, os tipos de pago ou o proceso de compra.
  • A súa presenza en redes, cales son as que utilizan, como é a súa actividade nelas e a efectividade que teñen. Tampouco hai que esquecerse de identificar os influencer ou persoas de interese que poderían ser de utilidade para o noso negocio.

Unha vez realizado este traballo de campo, conseguirás saber cales son os obxectivos para superar a competencia en canto a presenza en liña e poderás comezar a procurar diferenciarte para que te escollan a ti.

Tras o comentado anteriormente, pensa en se analizas o que fai a túa competencia e se estás logrando chegar a todos os teus clientes potenciais. En especial, no ámbito dixital, cada vez máis presente no eido empresarial, é onde podes ter visibilidade fronte aos clientes. A través dos programas Re-acciona e Re-acciona TIC, as pemes galegas están mellorando a súa competitividade, así que consulta cales son os diferentes servizos dos programas na web http://reacciona.igape.es/

Fontes: www.camara.esmarketing4ecommerce.net