fbpx

Por que os freelances axudan á competitividade da túa peme?

Por que os freelances axudan á competitividade da túa peme?

A inclusión das novas tecnoloxías no ámbito empresarial está xerando cambios nos modelos de traballo, dando lugar a unha maior automatización dos diferentes postos. Ademais, en dez anos, ao redor do 75% da forza de traballo estará representada por millenials, cuxa súa presenza no mercado laboral será relevante debido a que as súas expectativas laborais estarán marcadas pola demanda de empregos flexibles.

Estas tendencias están influíndo na contratación de profesionais independentes, chamados freelances, por parte das organizacións. A contratación deste tipo de persoal supón unha serie de vantaxes das que se poden beneficiar as pemes e das que imos falar a continuación:

  • A orientación a resultados, xa que estes profesionais traballan establecendo proxectos nos que se fixan obxectivos e prazos.
  • O traballo a distancia, sen a necesidade da presenza física deste persoal, grazas ao uso das tecnoloxías para controlar, coordinar e facer seguimento do traballo.
  • A creatividade que achegan, pois non son traballadores que permanezan na súa zona de confort, senón que precisan estar en renovación constante e potenciar as capacidades de contribuír con novas ideas, solucións e perspectivas.
  • A oportunidade de captar especialistas en áreas que escasean no mercado, pois son perfís profesionais vinculados aos novos postos de traballo relacionados coa dixitalización e as novas tecnoloxías.
  • A organización e a disciplina que posúen pola experiencia de traballar de forma autónoma, e a competitividade que dá estar afeito a traballar en diferentes proxectos á vez.
  • A oportunidade de internacionalización da empresa, posto que a constante mobilidade á que están acostumados favorece a posibilidade de que traballen a distancia noutros países.

A incorporación de talento e profesionais supón unha vantaxe competitiva para as pemes, ao converterse en máis produtivas e innovadoras. A través do programa Re-acciona, a túa empresa pode mellorar o seu capital humano e atraer talento. Recomendámosche que consultes a nosa web para que coñezas o diferentes servizos deste programa http://reacciona.igape.es/

Fontes: www.cronista.comimpulsapopular.com