fbpx

Que competencias dixitais precisan os teus empregados?

Que competencias dixitais precisan os teus empregados?

No camiño das empresas cara á industria 4.0 reflíctese que os diferentes postos de traballo estarán cada vez máis ligados á dixitalización, co que se incrementa a necesidade de que os empregados posúan competencias dixitais para poder acceder a eles. De feito, segundo un estudo recente do CEdefop (Centro Europeo para o Desenvolvemento da Formación Profesional) e outros organismos europeos, espérase que o 90% dos postos de traballo requira algún tipo de competencia dixital nun futuro próximo.

No ámbito empresarial, as competencias dixitais fan referencia ás novas habilidades e destrezas á hora de empregar tecnoloxías e información dixital no posto de traballo. A continuación, distinguiremos cinco grandes competencias dixitais para ter en conta nos empregos do futuro:

  • A pericia de procurar información e contidos en Internet, pois é importante saber interpretalos así como avaliar a súa fiabilidade e calidade.
  • A capacidade de comunicación con outras persoas a través de medios dixitais á hora de compartir tanto recursos dixitais como na creación de contidos.
  • A creatividade na elaboración e edición de contidos para Internet, incluíndo a programación informática e o coñecemento á hora de xestionar dereitos de autor das creacións dixitais nos diferentes formatos.
  • O coñecemento dos aspectos relativos á seguridade dixital, como é o caso da protección de datos e os dispositivos dixitais.
  • A destreza á hora de identificar as necesidades tecnolóxicas das empresas e a capacidade para resolver problemas que poidan xurdir por temas tecnolóxicos.

En todo isto desempeña un papel fundamental a formación, xa que esta se debe adaptar ás necesidades de aprendizaxe dos futuros empregados en relación coas competencias dixitais, non só nas empresas, senón na formación anterior ao acceso ao mercado laboral.

Tras o comentado anteriormente, que competencias dixitais precisan os teus empregados? A necesidade de transformación dixital das empresas é unha realidade que cómpre ter en conta, de feito no programa Re-acciona TIC existen diferentes servizos para axudar á transformación dixital destas. Recomendámosche que consultes na web os servizos que se ofertan deste programa http://reacciona.igape.es/

Fonte: blog.fundae.esfamiliadigital.net