Por que as empresas deben seguir a filosofía Lean?

filosofia-lean

Por que as empresas deben seguir a filosofía Lean?

A miúdo as empresas teñen problemas á hora de acadar os seus obxectivos, principalmente pola mala organización para desenvolver as súas actividades nas diferentes áreas que a integran. Unha boa xestión pode significar unha maior competitividade no mercado.

A filosofía Lean é unha maneira de entender a organización e a xestión na empresa, a través do liderado, o traballo en equipo e a resolución de problemas. O máis importante son os procesos de entrega dos produtos ou os servizos, de maneira que xeremos valor para os clientes. O obxectivo é eliminar os “desperdicios” para que os nosos clientes teñan produtos de maior calidade, cun bo servizo e un prazo de entrega que supoña para nós o menor custo posible.

Este método baséase en tres aspectos que hai que procurar conseguir:

  • A supresión de calquera tipo de “desperdicios” que non acheguen valor aos clientes e que poden ser de diferentes tipos: sobreprodución, tempo de espera, transporte, inventario, defectos nos produtos, potencial humano infrautilizado. As razóns primordiais son a redución de custos e as necesidades financeiras.
  • A continua mellora da calidade e da produtividade, cun obxectivo común a todos os integrantes da empresa, que debe ser a mellora dos indicadores do día a día, de xeito que exista a convicción de que sempre se pode avanzar.
  • Os cambios na maneira de traballar requiren da implicación do persoal, ao cal hai que invitar a que se una a ese cambio e amosarlle os beneficios nos resultados que se obterán. O traballo en equipo é unha boa maneira de fomentar este aspectos e de que poidan achegar ideas.

Tras o comentado anteriormente, consideras a filosofía Lean unha boa forma de organizarse para o teu negocio? Varias empresas melloraron a súa competitividade grazas a unha mellor organización e xestión, a través do servizo de mellora da produción e da cadea loxística do programa Re-acciona. Recorda estar atento á nosa web para saber cando estará aberta unha nova convocatoria deste programa.

Fonte: www.improven.com