COMO MOTIVAS OS TEUS EMPREGADOS?

motivacion

COMO MOTIVAS OS TEUS EMPREGADOS?

O éxito dunha empresa depende en gran medida de todo o equipo que forma parte dela. Se temos un equipo motivado, é máis que probable que nos aseguremos unha maior produtividade e que sexamos máis competitivos. Cómpre non esquecerse do noso capital humano porque é unha peza fundamental no funcionamento da nosa empresa.

Neste senso a motivación do noso equipo de traballo é un factor importante pola relación que ten coa súa produtividade. Moitos son os estudos que hai ao respecto, o que reflicte a crecente preocupación por saber como motivar o noso persoal. Isto non só implica telo máis contento, senón que supón tamén un esforzo pola nosa parte. Existen diferentes variables que inflúen positivamente na motivación do persoal:

  • Debe haber un axuste das diferentes tarefas ao perfil do traballador, en relación cos seus coñecementos, a súa experiencia e as competencias profesionais máis apropiadas para o posto.
  • A implicación dos traballadores na toma de decisións axuda a ter un sentimento de recoñecemento por parte da empresa, de xeito que identifiquen o éxito desta como algo propio e que se teñan en conta as súas opinións e as súas achegas.
  • A orientación do noso negocio a conseguir obxectivos e metas constitúe unha boa forma de incrementar a motivación. O recoñecemento por parte da empresa supón un reforzo positivo, en especial se hai relación entre os obxectivos desta e os do traballador.
  • O clima laboral inflúe positivamente no rendemento dos traballadores, de aí a necesidade de fomentar valores como a colaboración, o traballo en equipo e o sentimento de unidade na empresa.

Tras o comentado anteriormente, que métodos empregas para mellorar a motivación do teu persoal? A relación que existe entre a motivación do equipo de traballo e o rendemento da empresa está presente nos servizos do programa Re-acciona, xa que sempre se realiza un estudo e unha análise para mellorar o clima laboral para que a produtividade sexa maior. Estade atentos á web de Re-acciona para saber das novas convocatorias do programa.

Fonte: www.cuentafacto.es