COMO POTENCIAS O CAPITAL HUMANO DA TÚA PEME?

capital-humano

COMO POTENCIAS O CAPITAL HUMANO DA TÚA PEME?

Os cambios na forma de organizarse e nas rutinas diarias de traballo das empresas, así como a aparición de novos postos de traballo, poñen de manifesto a importancia da capacitación do persoal.  Á fin e ao cabo, as persoas que forman parte do teu negocio, o que se coñece como o capital humano, son un factor máis que hai que ter en conta. De feito, o departamento de recursos humanos, que se ocupa desta tarefa, require da nosa dedicación se o que queremos é ter un equipo que nos faga máis competitivos.

Cando analizamos o capital humano da nosa empresa, interésanos coñecer a súa produtividade en función da formación e a experiencia de traballo que posúen. Canto máis produtividade acheguen ao noso negocio, maior beneficio obteremos. Esta é unha das razóns fundamentais para que tratemos de mellorar e coidar o noso capital humano, para o cal podemos utilizar diferentes métodos:

  • A formación continua do persoal é algo que se debe potenciar, tanto dentro da propia empresa como de forma externa a ela. Para iso, podemos facilitarlle a formación nós mesmos ou incentivalos para que procuren adquirir coñecementos noutras entidades alleas á empresa.
  • A motivación laboral é un tema sobre o que se debate a miúdo, debido á relación estreita que ten cos resultados. Con isto non só estamos falando de que os traballadores vaian contentos ao seu posto de traballo e, polo tanto, a súa produtividade sexa maior, senón que vexan dalgunha maneira cumpridas as súas expectativas laborais a través das funcións que estean desempeñando dentro da empresa.
  • A implementación dun sistema de logros e metas no que conseguir uns resultados debe implicar a cambio uns beneficios e un recoñecemento, xa que deste modo daremos valor ao esforzo.
  • Débese procurar o fomento e o desenvolvemento de certas habilidades e capacidades que estean encamiñadas a unha maior autonomía por parte do traballador, así como a conseguir unha maior produtividade. A creatividade, a innovación, o traballo en equipo e a colaboración, e a capacidade resolutiva de problemas poden ser algúns bos exemplos.

Non hai que esquecer a oportunidade que supón para a nosa empresa, xa que podemos conseguir atraer un gran número de profesionais e beneficiarse do talento que se pode atopar no mercado laboral, de modo que enriquezamos o capital humano e a cultura empresarial, ademais de obter mellores resultados. Isto implica obter unha vantaxe competitiva, ao contar cun equipo de traballo mellor e máis produtivo en relación cos nosos competidores.

Despois de todo o comentado anteriormente, que métodos utilizas na túa peme para ter un mellor capital humano? Nos servizos dos programas Re-acciona e Re-acciona TIC un dos aspectos que máis se ten en conta é a formación do equipo de traballo e a captación de profesionais. Recorda estar atento a web de Re-acciona para coñecer as convocatorias para solicitar os servizos que ofrecen estes programas.

Fonte: definicion.mxblog.sage.eswww.coachlatinoamerica.comwww.compromisoempresarial.com