fbpx

As vantaxes da innovación para o impulso da peme

As vantaxes da innovación para o impulso da peme

As pequenas e medianas empresas a miúdo están centradas na idea empresarial coa que comezaron a súa actividade, esquecéndose de incorporar nas súas estratexias o factor da innovación.  Unha das razóns fundamentais pola cal as empresas non innovan ten que ver cos riscos cos que se poden atopar, o que supón un freo para conseguir unha vantaxe competitiva para elas. Estes riscos son variados e poden ir dende carecer de financiamento, ata que o novo produto ou servizo non teña unha boa acollida no mercado ou que se requira dunha gran concentración de recursos e atención.

A innovación na empresa pode ter lugar de diferentes maneiras, a través dun novo produto ou servizo ou da creación dunha nova tecnoloxía ou técnica produtiva. Deste xeito introducimos algo novo no mercado e conseguimos xerar valor e beneficios, non só para nós, senón para o resto da sociedade. Polo tanto, como negocio que quere crecer e mellorar para ser máis eficiente, debemos recordar os beneficios que lle achega á empresa o fomento da innovación:

  • As necesidades dos nosos clientes son cada vez máis cambiantes, polo que resulta necesario adaptarse e responder de forma rápida para ofertar antes que a nosa competencia os diferentes produtos e cubrir as súas peticións. Deste xeito, conseguimos a satisfacción dos nosos clientes, dándolles o que buscan en cada momento, adiantándose ás tendencias mercado.
  • É unha boa forma de non relaxarse como negocio e de afastarse da zona de confort.
  • A experiencia e a aprendizaxe que nos achega supón unha ferramenta para aprender dos nosos erros, así como unha boa alternativa para obter novas ideas. Ademais, permite aproveitar o potencial do noso equipo de traballo á hora de contribuír con creatividade e talento.
  • A innovación poder converternos nun referente como empresa e asegurarnos unha posición estratéxica no mercado. Ademais, ofertar un produto ou servizo innovador supón un impulso da nosa marca fronte á competencia e cara aos consumidores no mercado.
  • A vantaxe competitiva, ao ser pioneiro fronte os competidores ofrecendo as novas tendencias. Cunha cultura empresarial máis innovadora proxectamos na sociedade unha imaxe e unha reputación innovadora e creativa.

Este proceso non só debe ser a nivel interno, debemos aproveitar as ideas que poidan vir de fóra da empresa, xa que todas son ben acollidas. Cómpre ter en conta que a innovación require un esforzo e implica unha continuidade nas estratexias empresariais.

Tras o comentando anteriormente, pensa cal foi a última innovación que levaches a cabo na túa peme. A filosofía de innovar para adaptarse á nova era industrial está presente en moitos dos servizos do Re-acciona TIC. Infórmate sobre a convocatoria para solicitar os servizos que ofertan tanto este programa como o Re-acciona http://reacciona.igape.es/

Fonte: www.linkedin.comwww.econ-it2.eu