A empresa galega Visual MS, entre os 50 mellores lugares para traballar en España e primeira na súa categoría

A empresa galega Visual MS, entre os 50 mellores lugares para traballar en España e primeira na súa categoría

Visual MS, empresa galega beneficiaria do programa Re-acciona, foi galardoada recentemente cos premios Best Workplaces 2017 

A compañía galega Visual MS resultou elixida o pasado 30 de marzo como unha das mellores empresas para traballar en España, sendo gañadora da categoría de 50 a 99 empregados. Ademais, ocupa o primeiro lugar no recente estudo realizado polo Igape e a Zona Franca de Vigo sobre empresas con máis potencial competitivo de Galicia.

Este grupo tecnolóxico adicado ao software empresarial ten a firme convición de que “traballando a gusto damos o mellor”, sendo este un dos catro valores da súa cultura, que conta cunha gran política de conciliación ofrecendo horarios flexibles, venres tarde libres, xornadas continuas de 35 horas semanais en verano e a posibilidade de teletraballo, entre outras. Ademais, en Visual MS existe feedback 360° con compañeiros e coordinadores, entrevistas de seguimento, plan de carreira con posibilidade de promoción e cambios de proxecto, formación en deseño, información empresarial transparente e nómina á carta (cheques gourmet, cheque gardería, seguro médico, ADSL en casa…). Todo este ecosistema de traballo é o que motivou dito premio outorgado pola institución estadounidense Great Place To Work.

Visual MS foi partícipe do programa Re-acciona, no marco do cal levou a cabo o servizo de Plan de Futuro Empresarial, servizo implementado por DPI Consultores quenes destacan o seu alto nivel de desarrollo técnico e humano e o seu gran nivel de implicación.

Fotografía Faro de VigoFotografía Faro de Vigo