Está en equilibrio o teu cadro de mando?

equilibrio-cadro-de-mando

Está en equilibrio o teu cadro de mando?

Anteriormente xa falamos da necesidade de implantar un cadro de mando na nosa peme debido aos beneficios que nos achega empresarialmente, pero temos que ter en conta que existen diferentes perspectivas ou puntos de vista dentro dun cadro de mando, segundo que obxectivos esteamos interesados en conseguir e cales sexan as nosas estratexias empresariais.  A continuación imos a falar delas:

Perspectiva financeira: o noso obxectivo é avaliar o desempeño e o rendemento da nosa empresa, xa que nos pode interesar incrementar os nosos ingresos ou optimizar os recursos. Indicadores que podemos utilizar:

  • Marxe operativa: as ganancias da empresa tendo en conta os custos
  • Retorno do investimento: os beneficios que obtemos dos nosos investimentos
  • Fluxo de caixa: permite coñecer a nosa liquidez

Perspectiva orientada á clientela: o que nos interesa é satisfacer as súas necesidades, xa que pode que busquemos seleccionar clientes, adquirir clientes, reter clientes ou aumentar clientes. Indicadores que podemos utilizar:

  • Nivel de satisfacción do cliente, se cumprimos as súas expectativas
  • Índice de recompra, cantos clientes volven comprar os nosos produtos
  • Pedidos devoltos, coa avaliación das razóns das devolucións
  • Percepción da marca ante a competencia e os clientes

Perspectiva de procesos internos: o que buscamos é tratar de deseñar e organizar de forma óptima os diferentes procesos da cadea de valor da nosa actividade empresarial.

  • Procesos de innovación: a porcentaxe de novos produtos ou servizos.
  • Procesos operativos: o tempo de fabricación do produto, devolución por produtos defectuosos.
  • Procesos de posvenda: o cumprimento das garantías do produto, o custo das reparacións.

Perspectiva de aprendizaxe e crecemento: o obxectivo é mellorar como empresa, poñendo atención ao longo prazo, o futuro da empresa.

  • O capital humano: o equipo de traballo da nosa peme.
  • A tecnoloxía e as infraestruturas que utilizamos para desenvolver a nosa actividade empresarial.
  • O clima organizacional: a percepción do persoal dos nosos valores e o ambiente de traballo.

É importante para o éxito do cadro de mando que haxa un equilibrio entre as diferentes perspectivas, de maneira que a selección de indicadores cobra importancia se o que queremos é alcanzar as nosas estratexias empresarias.

Despois do mencionado anteriormente, consideras que estás a descoidar algunha das perspectivas na túa peme? Se é así, infórmate sobre o servizo de xestión de procesos do programa de Re-acciona en reacciona.igape.es.

Fonte: blog.peoplenext.comwww.webandmacros.com, www.isotools.org