Aumentar a competitividade da túa peme coa xestión dos clientes

xestion-clientes

Aumentar a competitividade da túa peme coa xestión dos clientes

Cando temos un negocio, ter información sobre os nosos clientes axuda á nosa actividade comercial. A etapa na que as estratexias empresariais se baseaban exclusivamente nos produtos que temos á venda quedou atrás, dando paso a estratexias que se centran nos clientes.

Unha das ferramentas de xestión de clientes máis coñecida é o CRM, un rexistro no que se une metodoloxía e datos para organizar a relación que ten a empresa con estes. É un modelo de negocio que parte da realización dunha base de datos dos nosos clientes, na que deben figuran as súas características e demandas, cuxo fin é atender as súas necesidades da mellor maneira posible a través de accións que poidan satisfacelas. Contar cun CRM axuda a que a nosa peme aumente a súa vantaxe competitiva:

  • Ofrecer servizos personalizados, de maneira que se poidan satisfacer as necesidades dos diferentes perfís de clientes que teñamos. Ademais, axuda a xestionar as campañas de marketing que elaboremos, ao ter identificadas as súas esixencias.
  • Coñecer cales son os clientes que máis beneficios nos achegan, o que pode axudar a saber que é o que estamos facendo ben nese caso e buscar solucións para que os clientes que parecen menos satisfeitos deixen de estalo.
  • Incrementar os ingresos grazas á posibilidade de utilizar a venda cruzada (cross-selling), recomendando produtos que poidan ser de interese segundo as características do comprador.
  • Aumentar a taxa de retención e de fidelización de clientes, ao optimizar as accións que realizamos para cubrir as súas necesidades, ademais de reducir os custos de adquisicións que temos á hora de captar novos clientes.
  • Recoñecer novas oportunidades de negocio, avaliando os posibles nichos de mercado que non estamos cubrindo.

Os datos do CRM poden aloxarse na nube ou nos teus propios servidores. A elección de aloxalos na nube adóitase facer por cuestións de mobilidade, prezo ou seguridade. En relación con esta ferramenta, temos que falar do email marketing e da utilidade que ten contar cun rexistro de clientes, de modo que poidamos filtrar e realizar mailings que sexan máis personalizados e que non se convertan en simple spam, que nos sirvan para mellorar a comunicación e a interacción cos nosos clientes.

Polo este motivo, ter un CRM pode significar levar a cabo un marketing máis intelixente e que nos achegue máis beneficios en termos de competitividade e vendas. Despois de ver todo isto, utilizas na túa peme algunha ferramenta de xestión de clientes ou xa tes un CRM? Se non é así, deberías consultar o servizos de xestión por procesos do programa de Re-acciona na web http://reacciona.igape.es/.

Fonte: www.tecon.eswww.puromarketing.com, searchdatacenter.techtarget.com