Por que a túa empresa precisa solucións en mobilidade?

Paper Business Chain. A paperchain of various elements.

Por que a túa empresa precisa solucións en mobilidade?

As tecnoloxías relacionadas coa mobilidade están introducidas na nosa sociedade cun nivel de implantación moi alto. Móbiles, tablets, cloud computing, comercio electrónico…infinidade de ferramentas e tecnoloxías facilitan tanto a mobilidade dos clientes como das empresas.

En España, segundo datos do ONTSI, o número de liñas de telefonía móbil alcanzou os 55,5 millóns en xaneiro de 2013. Por outra banda, segundo un estudo de IAB (2016), a media de tempo de conexión diaria ao smartphone é de 2 horas e 34 minutos por persoa.

Así pois, as solucións en mobilidade son necesarias para adaptar a empresa aos novos tempos e facela partícipe nesta infraestrutura móbil. As principais vantaxes que poden achegar estas solucións son:
Ubicuidade: comunicación en tempo real e en calquera lugar.
• Personalización: adecuación dos servizos, os produtos ou os contidos ás características específicas de cada usuario.
Localización: emprego de ferramentas de localización LBS (Location Based Services) ou LDIS (Location Dependent Information Services) que permiten o acceso a información e servizos segundo a posición xeográfica.
Conectividade: establecemento dunha canle de comunicación inmediata.
Conveniencia: axilidade e flexibilidade nas comunicacións.
Accesibilidade: control do estado dos procesos do negocio en todo momento.

Como o seu nome indica, permítennos ter un control en “mobilidade” da nosa empresa mediante sistemas de localización e comunicación globais. Á hora de aplicar estas solucións temos moitas opcións dispoñibles onde elixir:
• Intranet corporativa
• Extranet con acceso móbil
• CRM (xestión das relacións co cliente)
• Xestión de pedidos
• Plataformas de venda en liña
• APP de marketing de proximidade
• Localización e xestión de activos móbiles
• Control de entregas e presenza
• Ferramentas de produtividade
• Repositorio ou xestor documental

As tecnoloxías móbiles facilitan o contacto remoto entre as persoas co que conseguen beneficiar a cooperación no ámbito interno e externo da empresa, mellorar a xestión de procesos e a produtividade e mesmo incrementar as vendas.

Por iso, as solucións en mobilidade que ofrece o programa Re-acciona TIC permiten transformar os procesos e as operacións das empresas, engadir valor aos seus produtos e servizos, descubrir novas formas de relación cos clientes e xerar, xa que logo, modelos de negocio máis rendibles.
Coñece máis sobre o servizo de aplicación de solucións en mobilidade na seguinte ligazón.

Fonte: ONTSI ; inovalabs ; IAB Spain