Como atopar novas oportunidades de negocio para incrementar a competitividade

0b91ce8f-4696-482a-a414-605f030f77a9

Como atopar novas oportunidades de negocio para incrementar a competitividade

A pasada semana a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollía un dos eventos de emprendemento universitario máis importantes a nivel iberoamericano, o SPIN 2016, ao que acudiron máis de 3000 persoas e no que o Igape poñía tamén o seu gran de area. E o certo é que se hai un aspecto que define o emprendedor ese é a capacidade de identificar novas oportunidades de negocio e, sobre todo, de ir máis aló e poñerse a traballar para aproveitalas pero…Como facelo?

No camiño de dar resposta a esta pregunta compartimos tres consellos que vos facilitarán a detección de ideas para poñer en marcha novos negocios:

  • Identifica desexos “non satisfeitos”: poderíase considerar como o punto de partida á hora de iniciar esa busca de novos negocios. Falamos da identificación das necesidades do cliente que só se atopan parcialmente resoltas. Trata de escoitar eses clientes que non conseguiron xustamente o que desexaban ou que teñen unha “frustración”, pois dise que a diferenza entre necesidade e frustración é o nivel de intensidade.

 

Canto maior é o nivel de frustración, maior é a probabilidade de que o cliente estea disposto a pagar.

  • Re-utiliza ideas “doutras” ou “noutras” zonas: viaxar é moi importante para o emprendedor, non só polo feito de que lle abre a mente e o expón a novas situacións, senón porque é habitual descubrir que algo que triúnfa noutro lugar poida funcionar no seu mercado, ou o contrario, algo que funciona no seu mercado poida funcionar noutro país.
  • Atende ás predicións tecnolóxicas: resulta innegable que grazas aos avances tecnolóxicos hoxe en día gozamos de moitos máis servizos e produtos que facilitan o noso día a día. Toma como inspiración os emprendedores que visualizaron estes avances e identificaron a oportunidade perfecta para emprender as súas ideas.

“O segredo do éxito nos negocios está en detectar cara a onde vai o mundo e chegar primeiro aí”. Bill Gates

Fonte: javiermegias.com ; www.seremprendedor.com