Ibercisa

foto_ibercisa

Ibercisa

Razón social: Ibercisa Deck Machinery SA
logo_ibercisa

Para favorecer a competitividade de Ibercisa en ámbitos tanto produtivos como loxísticos, a compañía acolleuse ao programa ReAcciona do Igape para optimizar o uso das súas instalacións e os seus procesos. Estes proxectos de mellora desenvolvidos incidiron  especialmente na ordenación dos postos de traballo e na loxística interna da fábrica, habilitando un novo almacén de compoñentes.

Ibercisa está especializada na fabricación de winches e maquinaria naval de uso en cuberta. Con máis 25 millóns de euros facturados o pasado ano, Ibercisa Deck Machinery emprega a preto de 100 traballadores e exporta o 92% da súa produción a 35 países de todo o mundo.