galman-10

Galman S.L.

Razón social: Gallega de Manutencióngalman

Servizo: Mellora da produción e cadea loxística

Galman, coa mellora da competitividade como garantía para consolidar no futuro o seu crecemento durante os últimos anos,
aposta polo programa ReAcciona para impulsar a organización loxística e avanzar na profesionalización dos procesos de produción.

Especializada en carretillas elevadoras e grúas ponte, nos últimos 15 anos multiplicou por cinco o seu cadro de persoal, pasando de 8 a máis de 40 persoas, e superou a súa actividade como distribuidora de empresas do País Vasco para converterse en fabricante, con marca propia, de grúas ponte para interiores. Por outra banda, ampliou as súas instalacións dos 500 metros iniciais a máis de 5.000 metros, logo de abrir delegacións en Lugo e Vigo.