torculo-05

Tórculo

torculo

Razón social: Tórculo Comunicación Gráfica

Servizo: Transformación de negocio

Tórculo acolleuse ao programa ReAcciona para desenvolver proxectos de mellora en ámbitos como a cooperación, a redefinición do modelo de negocio ou o relanzamento comercial.

Tórculo, con 34 anos de traxectoria, foise adaptando ás necesidades do mercado, ata converterse en provedor integral de comunicación gráfica e referente tanto no mercado autonómico como estatal. Na actualidade, Tórculo cubre todas as fases da produción gráfica utilizando tecnoloxías de última xeración. A empresa participa tamén no proxecto Digiwood, que investiga sobre a impresión dixital en taboleiros de madeira. Tórculo conta ademais con certificacións que garanten que o material empregado procede de bosques onde se planta máis do que se tala.