toldos-gomez-07

Toldos Gómez

Razón social: Toldos Gómeztoldos gomez

Servizo: Relanzamento comercial

Toldos Gómez está a implantar servizos avanzados, no marco do programa ReAcciona, para optimizar os seus procesos de produción, mellorando a súa eficiencia e competitividade, e para o relanzamento comercial.

A empresa dispón de liñas de negocio especializadas en protección solar, elaboración de téxtiles técnicos, impresión dixital e rotulacións, carpas e estruturas, lonas para o transporte e cintas de trincaxe e elevación. Coa recente posta en marcha dun novo edificio de 7.000 metros cadrados no novo parque empresarial arzuán, multiplicou a súa capacidade produtiva e aspira a seguir medrando. Ademais da sede central, en Arzúa, a empresa dispón de centros produtivos en Santiago de Compostela, Bergondo e Lalín. Actualmente emprega a 80 traballadores.